jueves, 10 de febrero de 2011

Everyman

O meu nome é: Jose


Título da obra: Everyman


Autor: Philip Roth


Formato: Libro


Idiomas: Inglés


Xénero: Novela corta / Elexía


Philip Roth é o decano dos escritores norteamericanos. Gañador de tódolos premios literarios en EE.UU., Roth é probablemente o novelista máis importante de EE.UU. na actualidade. O título "Everyman" significa o home típico ou o home medio, e precisamente esta novela corta do ano 2006 é a historia dun septuaxenario ordinario que ten que facer frente á seu deterioro físico. Frente a dita crise, o protagonista fai un repaso non só da súa vida, senón tamén da súa familia e dos seus amigos . É sen dúbida un relato duro que nos fai reflectir sobre o que somos. Espero que vos guste e leades outras novelas de Roth como O mal de Portnoy (novela divertidisima), O conxuro contra os Estados Unidos e Pastoral americana (Premio Pulitzer).

No hay comentarios:

Publicar un comentario