domingo, 27 de febrero de 2011

THE LORD OF THE FLIES

O meu nome é: Nieves
Título da obra: The Lord of the Flies
Autor: William Golding. Premio Nobel de literatura 1983.
Formato: libro
Idioma(s): inglés
Subtítulos:
Xénero: novela
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: É un clásico da literatura inglesa de postguerra. Golding explora dous temas en particular: a civilización contra a barbarie e a perda da inocencia infantil. Cada personaxe representa diferentes aspectos das persoas. Ralph orde e civilización. Piggy a razón e cordura da sociedade. Jack o desexo do poder e a maldade. Roger a crueldade e o sadismo. Reflexión social e política onde os nenos son os protagonistas.

miércoles, 23 de febrero de 2011

NEW YORK I LOVE YOU

O meu nome é: Jose Antonio Castro Castro
Título da obra: New York I Love You
Autor: varios
Formato: DVD
Idioma(s): Inglés, Castellano, Catalán
Subtítulos: Castellano, Catalán
Xénero: Comedia
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque:
Son varias pequenas historias dirixidas por directores e actores coñecidos que teñen como telón de fondo a maravillosa cidade de New York. O actor principal sen dúbida é a propia cidade, e tamén o que mais favorecido sae no filme. Moi recomendable.

martes, 22 de febrero de 2011

Narraciones Extraordinarias


O meu Nome é: Laura
Título da obra: Narraciones Extraordinarias.
Autor: Edgar Allan Poe.
Formato: novela
Idioma(s): castelán
Subtítulos: non
Xénero: suspense
Vaiche gustar lelo porque: Poe é o máximo representante do Romanticismo estadounidense e uno dos escritores máis coñecidos no xénero fantástico. Baixo o título de “Narracións Extraordinarias” é habitual que se recopilen os seus relatos máis populares. Desde as historias de fantasmas, a tolemia presentada como fonte de horror, o relato policiaco e incluso o humor negro, Poe abarca o fantástico desde distintas ópticas.

1984


O meu Nome é: Laura
Título da obra: 1984
Autor: George Orwell
Formato: Novela
Idioma(s): Castelán
Subtítulos: non
Xénero: ciencia ficción
Vaiche gustar lelo porque: 1984 é una das novelas de ciencia ficción máis coñecidas do século XX. A descripción dun estado totalitario, capaz de controlar tódalas facetas da vida humana, de altera-la historia e a memoria, toma a forma do Gran Irmán, líder indiscutible e ó mesmo tempo, figura inexistente máis alá das súas aparicións en fotos e a contínua mención como guía político, que pasará a se-la imaxe representativa do terror ó estado policial e á perda das liberdades.

Notre-Dame de Paris


O meu nome é: Laura
Título da obra: Notre-Dame de Paris
Autor: Victor Hugo
Formato: novela
Idioma(s): francés
Subtítulos: non
Xénero: aventuras
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: o clásico de Victor Hugo adáptase para nivéis medios de francés. Esta versión inclúe ejercicios posteriores á lectura e un cd de audio para acompaña-lo texto.

Comtes Fantastiques


O meu nome é: Laura
Título da obra: Comtes Fantastiques
Autor: Guy de Maupassant
Formato: libro e audio cd
Idioma(s): francés
Subtítulos: Non
Xénero: fantástico
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: tomando os relatos do escritor francés, adáptanse ós primeiros pasos do idioma, condensando os argumentos en frases accesibles e concisas. Inclúe un cd en formato audiolibro e ejercicios para completar cada texto.

The Fly & Other Horror Stories


O meu nome é: Laura
Título da obra: The Fly and other horror stories
Autor: Varios
Formato: Novela
Idioma(s): Inglés
Subtítulos: non
Xénero: terror
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: son relatos de ciencia ficción e terror moi coñecidos, adaptados para niveles medios. Non hai excesiva diferencia entre os orixinales, destacando unicamente pola brevedade coa que condensan o texto.

The picture of Dorian Gray

O meu nome é: Laura
Título da obra: The picture of Dorian Gray
Autor: Oscar Wilde (adapted)
Formato: Novela
Idioma(s): Inglés
Subtítulos: non
Xénero: fantástico
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: trátase da coñecida novela de Oscar Wilde, en texto adaptado para principiantes no inglés. A trama principal da historia, a inmortalidade e o lienzo como reflexo da verdadeira personalidade do protagonista, condénsase nuna linguaxe sinxela e accesible para todos aqueles que inda non acadaron o nivel necesario para a lectura de textos completos.

martes, 15 de febrero de 2011

COMANDANTE

O meu nome é: Jose Antonio
Título da obra: Comandante
Autor: Oliver Stone
Formato: DVD
Idioma(s): V.O Castellano/Inglés
Subtítulos: Castellano, Catalán, Inglés
Xénero: Documental
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: Pareceme moi interesante porque vas escoitar unha versión diferente da historia do mundo nos últimos 40 anos e sobre todo da historia de sudamérica e de Cuba en particular.  Fidel Castro notase agusto co entrevistador e non se esconde en ningunha das preguntas e ata recoñece parte dos seus erros. A súa cabeza está lúcida e fai unha análise moi interesante dos problemas actuais do mundo e dos que pode ter no futuro.

jueves, 10 de febrero de 2011

Everyman

O meu nome é: Jose


Título da obra: Everyman


Autor: Philip Roth


Formato: Libro


Idiomas: Inglés


Xénero: Novela corta / Elexía


Philip Roth é o decano dos escritores norteamericanos. Gañador de tódolos premios literarios en EE.UU., Roth é probablemente o novelista máis importante de EE.UU. na actualidade. O título "Everyman" significa o home típico ou o home medio, e precisamente esta novela corta do ano 2006 é a historia dun septuaxenario ordinario que ten que facer frente á seu deterioro físico. Frente a dita crise, o protagonista fai un repaso non só da súa vida, senón tamén da súa familia e dos seus amigos . É sen dúbida un relato duro que nos fai reflectir sobre o que somos. Espero que vos guste e leades outras novelas de Roth como O mal de Portnoy (novela divertidisima), O conxuro contra os Estados Unidos e Pastoral americana (Premio Pulitzer).

miércoles, 9 de febrero de 2011

"How to Kill your Husband"

O meu nome é: Alicia del Río


Título da obra: "How to Kill your Husband"


Autor: Kathy Lette


Formato: Libro


Idiomas: Inglés


Xénero: Comedia


Vaiche gustar porque: é unha visión cómica da vida cotidiana da muller de hoxe en día: mulleres-empresarias, mulleres-nai, súper-mulleres, todas elas desbordadas por un mundo de homes... e aínda por riba culpables??!!

martes, 8 de febrero de 2011

"The Assassination of Jesse James by Coward Robert Ford"

O meu nome é: Alberto Parada


Título da obra: "The Assassination of Jesse James by Coward Robert Ford"


Autor: Andrew Dominik


Formato: DVD


Idiomas: Inglés, Castelán


Subtítulos: Inglés, Castelán


Xénero: Drama


Vaiche gustar porque: ¿por qué vemos unha película da que sabemos o final xa nos primeiros 5 minutos, ou incluso no título, como en "Titanic" ou neste mesmo caso? Porque queremos saber cómosucedeu todo, e gústanos a maneira en que nos contan as historias. Esta vaite enganchar, a pesar de que no título xa coñeces o final. Gustarache ver o devenir lento dos personaxes (¿Quén quere que o tempo pase rápido cando sabe que vai morrer?), pero tamén o paso inexorable da natureza ata chegar ao inevitable final

"Homework", de Daft Punk

O meu nome é: Alberto Parada


Título da obra: "Homework"


Autor: Daft Punk


Formato: CD


Idiomas: Inglés


Xénero: Música electónica, pero mezclan de todo: funk, house...


Vaiche gustar porque: a música é fresca, alegre e orixinal. A un neno seguro que lle gustaría oír a Daft Punk

"Barton Fink"

O meu nome é: Alberto Parada


Título da obra: "Barton Fink"


Autor: Irmáns Coen


Formato: DVD


Idiomas: Inglés, Castelán


Subtítulos: Inglés, Castelán


Xénero: Comedia Negra


Vaiche gustar porque: é un dos mellores traballos dos irmáns Coen, pero non tan coñecido. O plantexamento é moi parecido a moitas películas dos Coen: falta algo ou alguén e hai que buscalo. ¿Qué falta neste caso? Leva a peli e saberás o que falta...