domingo, 27 de febrero de 2011

THE LORD OF THE FLIES

O meu nome é: Nieves
Título da obra: The Lord of the Flies
Autor: William Golding. Premio Nobel de literatura 1983.
Formato: libro
Idioma(s): inglés
Subtítulos:
Xénero: novela
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: É un clásico da literatura inglesa de postguerra. Golding explora dous temas en particular: a civilización contra a barbarie e a perda da inocencia infantil. Cada personaxe representa diferentes aspectos das persoas. Ralph orde e civilización. Piggy a razón e cordura da sociedade. Jack o desexo do poder e a maldade. Roger a crueldade e o sadismo. Reflexión social e política onde os nenos son os protagonistas.

miércoles, 23 de febrero de 2011

NEW YORK I LOVE YOU

O meu nome é: Jose Antonio Castro Castro
Título da obra: New York I Love You
Autor: varios
Formato: DVD
Idioma(s): Inglés, Castellano, Catalán
Subtítulos: Castellano, Catalán
Xénero: Comedia
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque:
Son varias pequenas historias dirixidas por directores e actores coñecidos que teñen como telón de fondo a maravillosa cidade de New York. O actor principal sen dúbida é a propia cidade, e tamén o que mais favorecido sae no filme. Moi recomendable.

martes, 22 de febrero de 2011

Narraciones Extraordinarias


O meu Nome é: Laura
Título da obra: Narraciones Extraordinarias.
Autor: Edgar Allan Poe.
Formato: novela
Idioma(s): castelán
Subtítulos: non
Xénero: suspense
Vaiche gustar lelo porque: Poe é o máximo representante do Romanticismo estadounidense e uno dos escritores máis coñecidos no xénero fantástico. Baixo o título de “Narracións Extraordinarias” é habitual que se recopilen os seus relatos máis populares. Desde as historias de fantasmas, a tolemia presentada como fonte de horror, o relato policiaco e incluso o humor negro, Poe abarca o fantástico desde distintas ópticas.

1984


O meu Nome é: Laura
Título da obra: 1984
Autor: George Orwell
Formato: Novela
Idioma(s): Castelán
Subtítulos: non
Xénero: ciencia ficción
Vaiche gustar lelo porque: 1984 é una das novelas de ciencia ficción máis coñecidas do século XX. A descripción dun estado totalitario, capaz de controlar tódalas facetas da vida humana, de altera-la historia e a memoria, toma a forma do Gran Irmán, líder indiscutible e ó mesmo tempo, figura inexistente máis alá das súas aparicións en fotos e a contínua mención como guía político, que pasará a se-la imaxe representativa do terror ó estado policial e á perda das liberdades.

Notre-Dame de Paris


O meu nome é: Laura
Título da obra: Notre-Dame de Paris
Autor: Victor Hugo
Formato: novela
Idioma(s): francés
Subtítulos: non
Xénero: aventuras
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: o clásico de Victor Hugo adáptase para nivéis medios de francés. Esta versión inclúe ejercicios posteriores á lectura e un cd de audio para acompaña-lo texto.

Comtes Fantastiques


O meu nome é: Laura
Título da obra: Comtes Fantastiques
Autor: Guy de Maupassant
Formato: libro e audio cd
Idioma(s): francés
Subtítulos: Non
Xénero: fantástico
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: tomando os relatos do escritor francés, adáptanse ós primeiros pasos do idioma, condensando os argumentos en frases accesibles e concisas. Inclúe un cd en formato audiolibro e ejercicios para completar cada texto.

The Fly & Other Horror Stories


O meu nome é: Laura
Título da obra: The Fly and other horror stories
Autor: Varios
Formato: Novela
Idioma(s): Inglés
Subtítulos: non
Xénero: terror
Vaiche gustar velo/oílo/lelo porque: son relatos de ciencia ficción e terror moi coñecidos, adaptados para niveles medios. Non hai excesiva diferencia entre os orixinales, destacando unicamente pola brevedade coa que condensan o texto.